A Comisión Europea
é consciente da situación económica e ambiental que estamos atravesando. O
cambio climático é evidente nos fenómenos naturais extremos que veñen ocorrendo
nos últimos anos, e da crise económica e social mellor nin falemos. Por iso,
Bruxelas puxo como obxectivo para 2020 que as enerxías limpas tiveran un peso
do 20% sobre a enerxía total.
Non so o fan por
amor ao noso planeta, senón tamén porque saben que a competitividade industrial
está fortemente condicionada pola dependencia enerxética e os custes da
enerxía, é dicir, apostan polas enerxías renovables e polo autoconsumo como
medida para abaratar o custe enerxético.
Mentres tanto en
España, que podería ser o paraíso das enerxías limpas, o Goberno fai todo o contrario.
A última reforma eléctrica levada a cabo polo goberno e a supresión das primas
e subvencións a este tipo de enerxías supoñen un forte golpe para o autoconsumo
e o desenrolo das enerxías renovables no noso país. Dentro dun marco
lexislativo inestable en permanente cambio en función dos intereses duns
poucos, os grandes inversores deixan de ver con bos ollos o noso país como
lugar para facer realidade os seus proxectos. Ademais disto, o Goberno fai
inviable economicamente o autoconsumo enerxético coa imposición dun “peaxe de
respaldo” que impide que podamos autoabastecernos cun pequeno muíño de vento ou
con placas solares nos teitos das nosas casas ou urbanizacións como fan moitas
persoas ante a implacable subida da luz.
Diversos estudios
da APPA (Asociación de Produtores de Enerxías Renovables) sosteñen que as
enerxías renovables supoñen un gran aforro enerxético a un estado no que o 80%
da súa enerxía depende do exterior. Así, as enerxías renovables abarataron o
prezo do mercado eléctrico o ano pasado en máis de 4.000 millóns de euros.
Produciron un aforro de 32.538 millóns de euros no sistema eléctrico estatal
como consecuencia da súa entrada no mercado diario entre 2005 e 2012. A todo isto hai que
sumarlle a importancia que teñen as enerxías renovables na balanza enerxética
para reducir o impacto das importacións de residuos fósiles, e o aforro
derivado de evitar emisións de CO2 valorado en 3.095 millóns de euros.(Datos extraídos
de evwind.com e estudio da APPA)
Con esta información parece indubidable
a importancia que deberían ter as enerxías renovables con respecto ás súas
competidoras obsoletas e contaminantes, as enerxías fósiles tradicionais. Pois
ben, as medidas do Goberno para impedir o desenvolvemento das enerxías limpas
teñen a súa razón de ser.
Cada día que pasa
as instalacións solares e eólicas, tanto a gran escala como para o pequeno
consumidor, son máis rendibles. Se a isto lle sumamos que a luz duplicou o seu
prezo nos últimos cinco anos é lóxico pensar que cada vez hai máis consumidores
domésticos que se propoñen producir a súa propia enerxía cunha pequena célula
fotovoltaica ou un muíño de vento. Nalgúns países regulouse legalmente esta
situación para que os produtores domésticos puideran verter a súa enerxía
sobrante na rede eléctrica. Esta enerxía sobrante pode ser vendida ao noso
veciño e facturada pola súa compañía eléctrica e á vez descontada da nosa
factura, xa que actuariamos como produtores ou xeradores de enerxía.
Esta medida
fomenta o autoconsumo, a responsabilidade sobre a enerxía, diminúe a
dependencia enerxética e a factura da luz do consumidor doméstico sen custar un
so euro nin ao pequeno consumidor nin á compañía eléctrica. Parece que todos
saímos beneficiados por esta medida mais se esta situación se xeneralizara no
noso país os beneficios das eléctricas reduciríanse de maneira moi
considerable.
Nun exemplo que
podemos atopar no blogue (r)Evolución
Energética (http://heliosyeolos.blogspot.com.es/search?updated-max=2012-12-05T15:44:00%2B01:00&max-results=5) amósase como cunha
simple instalación dunha célula fotovoltaica nunha casa andaluza poderiamos
aforrar en 25 anos a cantidade aproximada de 30.000 euros na nosa factura da luz!!
Se nunha soa casa as perdas da compañía serían desa magnitude, fagan as súas
contas se isto se estendera por todo o territorio español. Os beneficios para
os cidadáns serían substanciais, mais as eléctricas verían o seu oligopolio
duramente atacado.
Este aforro
doméstico na luz obviamente non é do agrado das eléctricas, e por extensión
tampouco o é dos políticos mafiosos e corruptos que nun futuro non tan afastado
gozarán de avultados salarios como asesores destas empresas, que a beneficio
delas e en detrimento da economía do país e do cidadán de a pé, impiden levar a
cabo unha práctica sostible e saudable para a economía e para o medio ambiente.
Adrián Martínez Rey
No hay comentarios:
Publicar un comentario