- “O 80% das leis
veñen de Europa, e afectan a cada un dos mozos e mozas galegos”, destaca
Roberto Carro, membro da RQX en A Coruña.
- “Queremos que a xente saiba que a súa participación é
necesaria, que implicarse e acudir ás urnas é fundamental. Hai que exercer o
dereito ao voto”.
A organización política Rede
EQUO Xove Galicia dase a coñecer á xuventude galega co seu primeiro acto público oficial, o cal
suporá un paso máis na consolidación do partido verde EQUO en Galicia. “Europa, emprego e xuventude” é o lema
baixo o que se celebra dito acto, no que aproveitarán para presentarse, explicar
de forma sinxela como camiña Europa na actualidade e plantexar propostas
concretas que a Rede, EQUO e o Partido Verde Europeo queren implantar.
En palabras da RQX, a alternativa verde ten moitas
aportacións que ofrecer en ditos temas, e agora si hai unha voz verde clara a
nivel español, EQUO. “É unha charla-coloquio na que non só exporemos unha serie
de conceptos, senón que escoitaremos, valoraremos e comunicaremos ao partido as
ideas que nos lancen os cidadáns que acudan ou participen a través de Internet”,
afirman os membros da RQX.
Este acto realizarase o día 17 de marzo ás 19 horas na biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago
de Compostela. Ademais, para todos aqueles que queiran gozar deste acto
pero non poidan acudir presencialmente, poderá seguirse a través dun streaming, cuxo enlace figurará nas webs
de EQUO Galicia e da RQX con anterioridade á charla. Incluso poderán formularse
preguntas, dúbidas e propostas dende a rede social twitter co hashtag #PreguntaRQX. “Canto máis xente
participe, máis debate e ideas poderemos sacar deste acto”, comentan dende Rede
EQUO Xove.
A RQX Galicia é o
referente xuvenil de EQUO Galicia, sexta forza política na comunidade. A RQX basea a súa
acción política nuns piares básicos
como son a Ecoloxía Política, a Democracia Participativa e os Dereitos Humanos.