- Pablo Otero, membro da RQX en A Coruña, afirma que é unha acción na liña de todas as levadas a cabo polo PP nas distintas administracións nas que goberna.
- É o último ataque perpetrado contra a nosa xeración, pola que o PP amosa diariamente non sentir ningún tipo de preocupación.
A RQX propón o impulso do CMIX, a recuperación
do servizo público e pide a Negreira un aumento do orzamento do centro.
A organización política Rede EQUO Xove Galicia denuncia que a continuación da privatización do centro municipal de información xuvenil, moi empregado polas mozas e mozos da cidade non responde a outro motivo máis que o meramente mercantilista. O PP, no seu afán privatizador, como xa está amosando no resto dos servicios públicos como a educación ou a sanidade, chega tamén ao CMIX, sen importarlle o máis mínimo a perda de servizos e a peor calidade dos mesmos que traerá esta acción, a pesar dos 260.000 euros de orzamento.
En palabras da RQX, tampouco é o primeiro ataque das políticas do PP á
mocidade, xa que temos que recordar tristemente como Núñez Feijoo, coa súa Lei de Mocidade, fixo desaparecer o Consello da Xuventude de Galicia, ou como Mariano
Rajoy está facendo desaparecer o Consello da Xuventude de España.
"Tanto Negreira como os seus compañeiros de partido deberían preocuparse máis polas cifras de
desemprego xuvenil e pola fuga de cerebros que está a sufrir a sociedade
española e menos por aniquilar os órganos de expresión da mocidade e os noso
servizos públicos" afirma Pablo Otero.
"Se o PP tivera a máis mínima intención de solucionar os nosos problemas,
debería sentarse coa mocidade para falar, xa que vivimos en primeira persona a
problemática, ainda que xa sabemos que non é o seu estilo, como amosou o
Ministro Wert dando plantón ó estudantado español en tódalas reunións do
Consello de Estudantes do Estado, órgano que él mismo preside".
A Rede EQUO Xove quere mostrar a súa oposición as
concesións a empresas privadas dos servizos públicos, fomentadas non só por
parte do Partido Popular. A RQX propón o impulso do CMIX, a ruptura da
concesión feita polo Goberno socialista
e pide a Negreira un aumento do orzamento do centro.
A RQX Galicia é o referente xuvenil de EQUO Galicia,
sexta forza política en Galicia tras as
elección do 20N e membro de AGE. A RQX basea a súa acción política na ecoloxía política, a equidade social, os Dereitos Humanos e a democracia participativa.
Pablo Otero